sábado, enero 25

Benvidos

Benvidos ao blog do colexio 'Maristas protexe aos animais'.

Neste curso 2018-19, seguimos un ano máis co proxecto sobre o coidado e protección dos animais titulado ´ Os animais nosos amigos`. É un proxecto promovido pola Xunta de Galicia, dentro do seu Plan Proxecta de ‘Protexe os animais’ a fin de fomentar a concienciación do alumnado na protección e no respeto polos animais domésticos.

A educación en valores é un dos obxectivos principais no proxecto ‘PROTEXE OS ANIMAIS’ que permite traballar o respecto aos animais, a solidariedade, o voluntariado e o compromiso coa Sociedade.
 Axúdalles aos nosos alumnos a adquirir coñecementos, a desenvolver as súas capacidades e crecer en valores a través do descubrimento de si mesmos, dos demais, da natureza.
Pretendemos lograr dos nosos alumnos a confianza en si mesmos, o traballo en equipo, a aceptación de responsabilidades, a creatividade, o desenvolvemento do xuízo crítico, o sentido do transcendente..., ofrecendo, para isto, unha educación verdadeiramente integral.
Ao longo deste curso iremos subindo actividades e obradoiros realizados no centro escolar co alumnado e coordinadas polo profesorado do centro. 


Esperamos que vos guste.

domingo, junio 16

Animais e plantas dos bosques galegos 6ºEP

Proxecto interdisciplinar LINGUA - CIENCIAS NATURAIS en 6º de primaria: 

"Animáis e Plantas dos Bosques Galegos''

Galego:

Creación dun texto expositivo individual sobre os animáis dos bosques galegos. 
Búsqueda de información dixital .
Por grupos en traballo cooperativo elección dun dos animais  dos creados en cada grupo para plasmalo nunca cartolina e presentación e exposición posterior do mesmo na aula.

Natural Science:

Por grupos en cooperativo cada membro escolleu un animal o unha planta autóctona plasmando na mesma cartolina  as súas características para a súa exposición oral.





4º EP Actividades 'Protexe aos animais'

Durante este curso 2018-2019 os nenos de 4º EP fixemos varias actividades relacionadas cos animais:


- En Lingua Castelá, cada alumno, cando estudamos a descripción, fixo unha da súa mascota ou do seu animal favorito, na que tiñan que debuxar ou poñes unha foto dela.

- En Lingua Galega, fixeron un conto, no que o protagonista tiña que ser un animal.

- No proxecto interdisciplinar, investigaron cales eran os animais que podían vivir no campo ou na cidade.

- Ademais tivemos unhas charlas da Protectora de animais, na que lle explicaron os coidados que debían ter as súas mascotas.

'Viaxe' a Kenya, 5º de Infantil

Os nenos e nenas de 5º de infantil seguimos traballando no proxecto Protexe os Animais .
Este ano “viaxamos” cos nenos a Kenia e coñecimos outros animais que viven noutras partes do planeta como a sabana africana e tamén especies que están en perigo de extinción.

Os nenos e nenas da clase aprenderon características destes e doutros animais , aprenderon como podemos protexer o planeta como por exemplo aprendendo o reciclaxe.






martes, abril 9

Visita ApmouEduca 3º EP


Hoxe a Asociación de Propietarios de Mascotas Ourensás (APMOU) volveron ao noso colexio co seu equipo de  ApmouEduca para falar cos nenos e nenas de 3º EP sobre a Tenencia Responsable dos animais, sempre apostando por unha sociedade cívica que coide e respecte aos animais. Grazas pola vosa visita.






lunes, abril 8

Charla Progape Ourense 4ºEP

Os alumnos de 4º de Primaria asistiron hoxe a unha charla-coloquio ofrecida por PROGAPE, Protectora de Gatos e Cans de Ourense. Achegáronnos á realidade en que viven os animais abandonados, todos coidados con agarimo dando resposta ás súas necesidades básicas de alimento, coidados veterinarios e atención. Sentimos moi agradecidos pola sensibilidade que achegou aos nosos mozos e mozas.






lunes, abril 1

Visita APMOU e Brandon


Hoxe o equipo de  APMOU e o seu can  Brandon visitaron o noso colexio para impartir unha charla sobre a tenencia responsable de mascotas aos alumnos de 6º EP.

Aquí temos unhas imaxes da charla e duns carteis que os nenos prepararon sobre este tema.

Moitas grazas a  APMOU e a  Brandon pola vosa visita!!













martes, febrero 19

Museo de Historia Natural 6ºEP

Hoxe os alumnos de 6º EP visitaron o Museo de Historia Natural en Santiago de Compostela para aprender moitas cousas sobre os animais. Tamén fixeron actividades cooperativas para investigar e afianzar a súa aprendizaxe.







sábado, enero 26

As Nosas Mascotas 3ºEP

Os alumnos de 3º de Primaria fixeron actividades diversas sobre as mascotas, os seus coidados e fixeron unha descrición da súa mascota. Que bonitos!








martes, diciembre 18

Os Ecosistemas 5ºEP

Nas materias de Ciencias Naturais, inglés e plástica, os alumnos de 5º EP levaron a cabo un proxecto interdisciplinar sobre os ecosistemas. Investigaron a fauna e a flora en cada ecosistema para logo realizar en grupos un documento informativo, unha cadea alimenticia, unha ficha sobre a biodiversidade e un modelo representativo. Aprenderon moitísimas cousas novas sobre os animais e os seus hábitats.
















Benvidos

Benvidos ao blog do colexio 'Maristas protexe aos animais'. Neste curso 2018-19, seguimos un ano máis co proxecto sobre o coida...